Plan Director da Sociedade da Información en Aranga

Dende IGN Solutions, en colaboración co Concello de Aranga, levouse a cabo o desenvolvemento do “Plan Director da Sociedade da Información” de devandito concello. Este proxecto estivo encadrado dentro do programa “Concellos Dixitais” da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.

Os obxectivos marcados dentro deste Plan Director son os de coñecer o estado real da implantación  de infraestructuras TIC, en especial da banda larga, así como o seu nivel de uso e o perfil dos usuarios dentro do concello. Ademais, pretende servir de folla de ruta, ser unha ferramenta viva que permita ao concello adiantarse ao futuro e enfocar os seus esforzos no desenvolvemento da infraestructura TIC, así como en detectar e dar resposta as necesidades tecnolóxicas presentes e futuras dos habitantes de Aranga.

Esperamos que devandito Plan sexa unha referencia que sirva ao Concello de Aranga de modelo pra ofrecer un mellor servizo aos seus cidadáns na adopción e uso das TIC.

Podes consultar o documento aquí.

-->